Invest Compostela


Ligazóns relacionadas

Axenda

« volver ao listado

XIC10

II Xornada Internacional de Coaching

30 de setembro de 2010 09:00 h - 1 de outubro de 2010 20:00 h
Os días 30 de setembro e 1 de outubro celebrarase, en Santiago de Compostela, a II Xornada Internacional de Coaching.

Con este evento de carácter internacional preténdese facilitar ao empresariado a formación necesaria para mellorar competitivamente nas súas organizacións a través do coaching; unha disciplina que, aplicada a ámbitos como o deporte, a empresa, os equipos de investigación ou as universidades, permite avanzar en materia de motivación, negociación, habilidades directivas, transferencia, coñecemento, comunicación entre equipos, etc.

O ano pasado, AJE A Coruña organizou, con QCoach como parner, e en colaboración con distintas entidades, entre elas Promoción Económica, a I Xornada Internacional de Coaching. Asistiron cerca de 200 persoas e contou coa presenza de destacados poñentes e expertos na materia, entre eles o irlandés, Joseph O´Connor.