Invest Compostela


Novas

« volver ao listado

COMPOSTELA ACTIVA 2010

Máis de 20 proxectos de novos negocios preséntase ao Concurso de novas ideas empresariais Compostela Activa 2010

29/07/2010
Os proxectos gañadores en cada unha das seis modalidades en que se divide o concurso, percibirán 4.000 euros.

22 proxectos de novos negocios presentáronse nesta edición ao Concurso de novas ideas empresariais. Esta convocatoria forma parte do programa Compostela Activa 2009, desenvolvido pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Enmarcado no Servizo de Apoio á Empresa, ten como obxectivo axudar a aquelas persoas que queiran desenvolver un novo proxecto empresarial no Concello de Santiago. Para aquelas persoas que teñen unha idea de negocio, pero non dispoñen de medios para materializala, organiza o Concurso de novas ideas empresariais. Para axudar a que se consoliden as empresas de recente creación, convoca unha liña de incentivos. Ambas convocatorias contan este ano cun orzamento conxunto de 84.000 euros.  

A Concellaría dirixida polo nacionalista Xosé Manuel Iglesais destina ao Concurso de novas ideas empresariais un orzamento de 24.000 euros. Esta convocatoria ten como obxectivo apoiar ás persoas que teñen unha idea de negocio, facilitando a posta en marcha do seu proxecto empresarial. Establécense seis categorías distintas cun premio de 4.000 euros para cada unha delas. Un mesmo proxecto pode presentarse a distintas categorías, sempre que se axuste aos criterios especificados nas bases, polo que ao final, contabilizáronse 70 solicitudes de participación.

  1. Novas ideas empresariais categoría xeral: presentáronse 18 solicitudes de participación.
  2. Novas ideas empresariais promovidas por mulleres: presentáronse 11 solicitudes de participación.
  3. Novas ideas empresariais promovidas pola xuventude: presentáronse 12 solicitudes de participación.
  4. Novas ideas empresariais categoría Autoemprego: presentáronse 13 solicitudes de participación.
  5. Novas ideas empresariais Comercio-Turismo: presentáronse 5 solicitudes de participación.
  6. Novas ideas empresariais Industria-Servizos avanzados para empresas: presentáronse 11 solicitudes de participación.
 O Concurso de novas ideas empresariais está dirixido ás persoas físicas ou xurídicas que teñan un proxecto empresarial e no momento de presentar a solicitude non iniciaran a actividade. O ano pasado os proxectos gañadores (que xa están constituídos en empresas) foron Itíneris Consulting, en Novas ideas empresariais categoría xeral; Cultureka, en Novas ideas empresariais promovidas por mulleres; Abastos 2.0, en Novas ideas empresariais promovidas pola xuventude; Mama Egue, en Novas ideas empresariais promovidas categoría Autoemprego; O pazo das musas, en Novas ideas empresariais Comercio-Turismo; e NIX VFX Factory, en Novas ideas empresariais Industria-Servizos Avanzados para empresas.