Invest Compostela


Convocatorias

« volver ao listado

FORMACION

Talleres de Crecemento e Consolidación Empresarial

02/07/2010

Os Talleres de Crecemento e Consolidación empresarial están orientados a ofrecer un servizo especializado, flexible, práctico e útil a aquelas empresas que están en marcha e que son conscientes da importancia de estar ao día nos novos sistemas de xestión e a necesidade de crear novos espazos de oportunidades de relación con outros negocios.

Estes Talleres permitirán á empresa, iniciarse e/ou reforzarse nas seguintes áreas de interese:

  • Xestión Empresarial e Marketing
  • Recursos Humanos e Estrutura Organizativa
  • Innovación 2.0/TIC
  • Negociación Bancaria e Financiamento
  • Comunicación Empresarial

Os Talleres baséanse nun método de traballo práctico e interactivo. Ofreceranse contidos teóricos, que serán completados con exercicios prácticos e analizaranse os casos particulares das empresas participantes.

Ademais ofreceranse "ferramentas-guía" que permitan a aplicación dos contidos teóricos ao posto de traballo dun xeito doado e rápido e formularanse tarefas a realizar polo alumnado de modo non presencial.

Posteriormente á impartición dos talleres realizarase un seguimento por parte do/a relator/a para coñecer as dificultades que os asistentes están a atopar para aplicar o aprendido e poder resolver as dúbidas que xurdiran ao respecto.

Dirixido:

Están dirixidos a empresariado, persoal directivo, responsables de área, persoal técnico e profesionais involucrados no desenvolvemento e/ou mellora das diferentes áreas temáticas que abranguen estes Talleres.


Requisitos:

O número de asistentes por empresa élibre,cun máximo de catro persoas. A matrícula realizarase por orde de inscrición e o número máximo de asistentes será de 25 por persoa.

Para que o Taller acadae o seu obxectivo de implanproceso de mellora concreto nas organizaciósn participantes, recoméndase a participación de máis dunha persoa por empresa.


Notas para a cidadanía:

Están organizados por C.E.E.I. GALICIA, S.A. (Bic Galicia), un organismo da Consellería de Economía e Industria que ten como obxectivo fomentar e facilitar a actividade emprendedora e o crecemento e a competitividade das pemes galegas.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

 Imprimir   Enviar