Invest Compostela


Convocatorias

« volver ao listado

SERVICIO DE APOYO A AL EMPRESA

Cursos outubro 2010: Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito

29/07/2010

Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito é un curso gratuíto, enmarcado no Servizo de Apoio á Empresa. No desenvolvemento da acción formativa colaboran a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e a Obra Social Caixa Galicia.

O curso conta con contidos prácticos relacionados coa creación de empresas. Ademais da formación, proporcionará atención personalizada a cada participante para axudarlle a traballar sobre o seu proxecto empresarial ou de autoemprego. Tamén se lles facilitará aos asistentes unha aplicación informática para elaborar o plan de empresa e analizar a viabilidade económica e financeira dos seus proxectos. Este apoio complementarase cunha tutoría individual de asesoramento empresarial por alumno/a ao final do curso.

Dirixido:

Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito está dirixido a todas as persoas que teñan pensado por en marcha un proxecto empresarial. Conta con 15 prazas dispoñibles e unha duración de 20 horas. Está previsto que realice entre o 25 e o 27 de outubro, de 9.30 h. a 14.30 h.  O 28 de outubro proporcionaranse titorías individuais de asesoramento a cada participante. Mediante esta acción, ofrécese un apoio integral que combina a formación, asesoramento empresarial, e que ademáis facilita o acceso a financiamento en condicións preferentes para aqueles proxectos que sexan viables.


Documentación:

As persoas interesadas poden inscribirse directamente a través do formulario Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito, ou ben poden cubrir a solicitude e entregala en calquera dos rexistros cos que conta o Concello de Santiago.


Notas para a cidadanía:

As persoas que precisen financiamento y finalicen o seu Plan de Empresa con resultado viable, poderán solicitar un Microcrédito Caixa Galicia. No ano 2009, Obra Social Caixa Galicia proporcionoulle formación a 90 personas emprendedoras, e máis de 50 elaboraron o seu Plan de Empresa.

Os Microcréditos Caixa Galicia están dirixidos a persoas sen acceso ao financiamento bancario por insuficiencia de garantías ou de avais. Pódese solicitar ata un importe máximo de 25.000 €, cun tipo de xuro do 4% fixo e 5 anos de amortización con 6 meses de carencia opcionais.

Pode obter máis información na páxina web http://microcreditos.caixagalicia.es.


Lugar de solicitude: Para máis información dirixirse a:

Oficinas da Concellaría de Promoción Económica.
Horario: de 9,00 a 14,00 horas.
• Porta 9 do Estadio de San Lázaro. Avda. de Fernando Casas Novoa, número 20. Tel. 981 542 493
• Rúa do Hórreo, número 100. Tel: 981 568 752
Obra social Caixa Galicia: teléfono de información: 981 186 510


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

 Imprimir   Enviar